
A Asociación de Escritores en Lingua Galega convocounos ás súas socias e socios para unha sesión de fotos e vídeos, co obxectivo de anovar as nosas fototecas e videotecas na web da AELG e achegarnos máis a quen importa, os lectores. Foron gravados no Espazo Normal, da Universidade da Coruña.
No que toca aos vídeos son catro, nos que autor diserta arredor de catro cuestións:
- Cal é a orixe da súa vocación literaria? Por que comezou a escribir?
- Cales son os referentes que alimentan a túa obra?
- Lectura dun texto propio. No meu caso, os pequenos relatos “S.O.S.” e “Cronos“, compilados na miña obra Podería Falar de Nubes.
- Lectura dun texto dun autor galego. Lin o texto “O neno e o mar“, de Suso de Toro, atopado no libro Tic-Tac.
Convídovos a miralos, así como as aportacións de outros autores