Fototeca na AELG

Se hai uns días comentara que a Asociación de Escritores en Lingua Galega anovara a nosa videoteca, agora tocoulle o propio á fototeca da que dispoñemos no noso espazo de escritor no Centro de Documentación da AELG. Distrito Xermar tomou as fotos na Escola Normal da UDC e velaquí o resultado.

Convídovos a miralos, así como as aportacións de outros autores

A MIÑA FOTOTECA NA AELG

o meu espazo na AELG

Centro de Documentación da AELG

Advertisements

Videoteca da AELG

A Asociación de Escritores en Lingua Galega convocounos ás súas socias e socios para unha sesión de fotos e vídeos, co obxectivo de anovar as nosas fototecas e videotecas na web da AELG e achegarnos máis a quen importa, os lectores. Foron gravados no Espazo Normal, da Universidade da Coruña.

No que toca aos vídeos son catro, nos que autor diserta arredor de catro cuestións:

  • Cal é a orixe da súa vocación literaria? Por que comezou a escribir?
  • Cales son os referentes que alimentan a túa obra?
  • Lectura dun texto propio. No meu caso, os pequenos relatos “S.O.S.” e “Cronos“, compilados na miña obra Podería Falar de Nubes.
  • Lectura dun texto dun autor galego. Lin o texto “O neno e o mar“, de Suso de Toro, atopado no libro Tic-Tac.

Convídovos a miralos, así como as aportacións de outros autores

A miña videoteca na AELG

Centro de Documentación da AELG