Os meus libros

Estas son algunhas das miñas publicacións, tanto en solitario como en conxunto con outros autores.

  • Podería falar de nubes, a miña segunda compilación de relatos, por medio de Redelibros. Tedes máis información nesta páxina.

Podería falar de nubes

Podería falar de nubes

  • Seica chove (Baía Edicións, 2002). A miña primeira escolma de relatos. Foto da portada de Juan Gameiro.

Seica chove

Seica chove

  • Inventario de nubes e catro contos máis. Edición co gallo do Premio Ourense de Contos para a Mocidade 2006, co meu conto gañador, “Inventario de nubes” e os catro gañadores dos Accésit (Beatriz Lorenzo, Mario Otero, Miguel Segador e Alba Cid).

Inventario de nubes e catro contos máis

  • Premios Pedrón de Ouro. XXX (2004) e XXXI (2005). Certame de Narración Breve Modesto R. Figueiredo. (Edicións do Castro). O mesmo relato anterior, Inventario de nubes, acadou unha mención no devandito certame do 2005 e tivo a posibilidade de ser publicado cos outros contos gañadores, da autoría de entre outros Agustín Agra, Francisco Castro, etc. (Máis info)442-17582-a-PEDRON


  • Na Vangarda 2004. Publicación dos contos gañadores do Certame Literario “Na Vangarda” de Relato Curto da Xunta de Galicia do 2004, que inclúe o meu relato “Batallas que non se libran” (2º Premio), xunto ós de Xosé M. Dopazo e María Xesús Peña Meis.

Na Vangarda 2004

  • Co gallo do I Certame de MicroQontos, fermoso proxecto onde participamos varios narradores, editouse un bonito e-libro de descarga gratuíta. Aquí a nova e aquí o libro.
  • Premios Pedrón de Ouro. XXXVI (2010) e XXXVII (2011). Certame de Narración Breve Modesto R. Figueiredo. (Ed. Toxosoutos). Desta volta, inclúese o meu relato A mentira dos termómetros. Nova e libro.

  •  Certamen Literario de Narrativa Breve 90º Aniversario. “Vivencias de la emigración gallega” (Edit. Alborada, Buenos Aires, 2012). Editado pola Federación de Asociacións Galegas de Bos Aires co gallo do certame do mesmo nome. Inclúe o meu relato “Sobre maletas”, que acadou o 1º Premio. Nova e relato

Libro Certame 90º Aniversario

  •  Passages. New Writing from Aberdeen and Regensburg (Edition Vulpes, Regensburg, 2015). Edición en conmemoración do 60 aniversario do irmanamento das cidades de Aberdeen (Escocia) e Regensburg (Baviera). Consta de vinte textos, dez de autores de cada unha das cidades, editados en inglés e alemán. Un deles é o meu texto “Zurück/Due Back” (“Regreso”), escrito orixinalmente en alemán. Edición a cargo de Shane Strachan e traducción de Helen Stellner.

Passages

Francisco Castiñeira’s books on Goodreads