Non sei nin como chegaches aquí. Pero chegaches.

É só unha páxina que rexerá sobre os termos unha imaxe, un libro e unha canción.

Unha foto miña. Un libro que estea a ler, que queira ler ou que xa lera. Unha canción que teña metida na cabeza. E por suposto, ireinas cambiando de cando en cando.

Admítense suxerencias!


Unha foto

En varios sitios de Baviera tamén hai San Xoán, aquí Johannisfeuer (Lume de Xoán) ou máis laicamente, Sonnenwendfeuer (Lume do Solsticio), porque é do que se trata. Vén sendo o mesmo: reúnense os veciños e fan unha grande cacharela, e vena arder mentres beben cervexa e tocan e escoitan música. Esta vivina en Schönau, na bisbarra de Berchtesgaden, moi preto do lago Königsee.
Sonnenwendfeuer


Un libro

…ou mellor varios. Pois os que vedes, uns en proceso, outros para máis adiante. Botín da última visita na terra.

Arredor da emigración, xa devorei o “Transmigrantes, fillas da precariedade” de María Alonso. Raras veces lin algo que me tocaba tan de preto. Un achegamento inusual (por desgracia), breve pero profundo, á realidade dos migrantes galegos de hoxe. O outro, “O soño da Galiza ideal“, exiliados e emigrantes galegos de un que tiven o gusto de coñecer, Xosé M. Núñez Seixas, tamén afincado en Múnic.

Xa na ficción, tentei achegarme ao tan de moda Foster Wallace, pero non parece que teñamos moito éxito xuntos como parella escritor/lector. E dúas distopías, ben coñecidas, A Pianola de Kurt Vonnegut e Un mundo feliz (A brand new world), unha vella conta pendente con Huxley.


Unha canción

Tamén dúas. Unha porque si, porque me gusta, The Von Bondies . Pale Bride.

… e unha homenaxe ao malfadado xenio de Chris Cornell (Soundgarden, Audioslave), que nos deixou hai pouco. Soundgarden – Burden in my hand.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s