Teño un relato novo na revista Palavra Comum, da que agora teño a honra de ser colaborador habitual.
Polo principio: toda historia ten unha historia.
A temática do relato está relacionado con algo que vivimos todos hai menos de un mes: o cambio ó horario de inverno. Lembrades? Aquela noite de outubro, de sábado para o domingo, os que estabamos espertos ás tres da noite tiñamos en teoría que atrasar os nosos reloxos unha hora, ata as dúas. Polo tanto, vivimos o segmento horario entre as dúas e as tres dúas veces. Cousas estrañísimas, cortazarianas e kafkianas, que estamos afeitos a facer todos os anos.
Pero para kafkiano, a solución de RENFE para non alterar os seus horarios. Parar os trens unha hora, aí onde os colla a hora do cambio.
Na súa defensa, faise o mesmo en moitos países.
Comentando esta curiosa nova no feisbuc, Ana G. Chouciño, blogueira galega en Edimburgo e eu retámonos a escribir algo a esa hora, entre as dúas e as tres, unha hora que ía ser “borrada”. Diríavos que escribín “A hora que non foi” a esa hora, tería algo de verdade, pero non moito. Desenvolvín a idea na miña cabeza e cheguei a escribir dous parágrafos, mais o sono venceu e marchei para cama. Tanto ten, o relato nacera e xa non tiña volta atrás. Nos días seguintes colleu forma, e aí o tedes. Non sei o que escribiu Ana, nin se o quererá publicar, mais nada escrito vai perdido, na miña opinión, e no noso caso, esa hora suprarreal que non foi, entre as dúas e as tres que volveron ser as dúas, tampouco vai perdida.
Agardo que vos guste o relato.
Engadido: E esta é a parte de Ana G. Chouciño, Unha hora menos.
Gústame esto:
Gústame Cargando...