Curruncho de Maratón (13): CD Lugo, 0-0

RC Deportivo: Dani Giménez; Bóveda, Mujaid, Peru, Montero, Mollejo; Bergantiños, Vicente; Aketxe, Çolak; Sabin.

Deportivo - Lugo by Fran Castiñeira on 500px.com

Pois cando hai pouco que contar, mellor contar pouco: o que vale para a narrativa literaria tamén vale para a crónica deportiva afeccionada e personal. Entre as discusións absurdos se un Dépor-Lugo era un derbi galego ou non era un derbi ou era un derbi pero non O Noso Derbi, os lucenses visitaban Riazor. A liña do descenso a marcaba o propio Lugo, dous puntos por debaixo do Dépor. Unha vitoria coruñesa deixaría o descenso a un colchón de cinco puntos, unha derrota faríanos caer no pozo. Ao final, empate e todo como estaba.

Partido espesísimo do Dépor. Baixas de Somma (para longo) e Gaku, o que fixo atrasar a Nolaskoain á defensa e probar cun pintoresco centro de campo Bergantiños-Vicente. Non funcionou. O Dépor é un equipo ben armado atrás que bate con forza a equipos que teñen o balón e deixan espazos (aínda que non funcionou co Zaragoza a semana pasada, si o fixo con Cádiz, Las Palmas e case co Xirona se non o impedise o árbitro) pero que se enlama con equipos parecidos a el, como o propio Lugo, que renuncian ao balón e ao ataque. Os branquiazuis non souberon mover o balón nin iniciar a xogada, crearon pouco perigo e os lucenses fixeron un encontro moi serio, dados os seus recursos. Se fósemos neutrais diriamos que foi un partido moi aburrido, ás veces duro, e que o empate foi xusto. Sabendo que cada punto é ouro, a sensación é de que hoxe había que gañar e que agora hai que saír a morrer en sitios máis complicados, como Almería.

Pouca flexibilidade no banco, os trocos chegaron tarde e non aportaron nada. Vai custar cambiar o esquema mental contra equipos así, abrirse máis e se cadra saír cunha defensa de catro e non de cinco. Fernando atopou a fórmula do éxito, non quere arriscarse a mudala e o obxectivo lóxico agora é rañar puntos e afastarse do descenso, pero parece que nos colleron o truco e que se require flexibilidade, dentro das posibilidades do plantel, que non son moitas.

Mención especial: nesta defensa de circunstancias sen o xefe Somma, sen Lampro (vendido, un erro), o deficitario Montero, Bóveda e os atrasados e incómodos nese posto Peru e Mollejo, o clube tivo a sorte de atopar un fenómeno como o rioxano Mujaid Sadick. Está imperial, hoxe e todas as semanas anteriores, posiciónase como un veterán e fisicamente é espectacular, chega a todos os cortes e sempre toma boas decisións. A ver se o atamos e se nolo levan, polo menos que deixen cartiños para pagarlle a Ab4nk4.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s