Préstame moito informarvos dos meus proxectos e trapalladas … cando xa remataron.
Como sabedes, interésame a fotografía. Así que comecei e rematei un proxecto fotográfico “365“, primeiro en Tumblr, logo paseime a Instagram, sen deixar de publicar paralelamente no Tumblr. Comecei o 8 de Outubro do 2017 e rematei no mesmo día do 2018.
O obxectivo: cumprido. Publicar unha foto cada día. E non unha foto do arquivo: unha foto feita nese mesmo día. Sinxelo. Fácil. Fácil?
Difícil. Foi un reto duro. Había días de cámara con moitas fotos aceptables: había que elexir unha e só unha. Había (máis) días de barullo no que lembraba o tema da foto ás tantas da noite. Tocaba coller o móbil e dispararlle a calquera cousa. Aumentou a miña creatividade, constancia e capacidade de improvisación -especialmente cando había cansazo e poucas gañas. Hai imaxes das que estou satisfeito. Hai fotos moi ruíns. A irregularidade manda.
Pois nada, botade un ollo.
En Instagram: @samuraicinho365
En Tumblr: @samuraicinho365
O proxecto está pechado e xa non publicarei nesas contas. Si na miña conta “normal” de IG, por se tedes a estrambótica idea de seguirme: @kastanienwald.
As regras eran:
A primeira foto:
E a última:
Unha escolma (misturando Tumblr e IG)