
Japanese art of fencing. Drill with long sabres. 1868
A xente de Biosbardia vén de argallar o seu segundo Torneo Punto e Coma de Duelistas de relatos, onde varios escritores o pasaremos ben (ou mal) escribindo cada semana, competindo entre nós e lendo e votando. Hai nivelazo, atendendo ás biografías dos participantes. E hai pouco sentidiño, o meu, o de meterme nesta lea. A ver se melloro os rexistros do Anorthosis na liguiña da Champions. E vós, a desfrutar dos relatos que se irán publicando. Eu irei avisando aquí cando saian os meus.
- Duelo 1: Contra Guillermo Rodicio. Tema: o Reloxeiro. “Peza a peza” foi a miña aportación. Ler
- Duelo 2: Contra David Botana. Tema: A Santa Compaña. “A Compaña”. Ler
- Duelo 3: Contra Clara Vidal. Tema: Queixo. “Desquite”. Ler
- Desempate exprés para pasar a cuartos: Contra David e Clara. Tema: Pirata. “A canción”. Ler
Perdín en xusta lide os dous primeiros duelos, mais vencín no terceiro. Houbo un duelo extra de desempate contra David e Clara, no que vecín. Enfrontareime en cuartos a Lois Z.