Un paso atrás (De por que deixar de escribir é bo para escribir)

 

Untitled

 Untitled, de Smithsonian Institution

 

Xa vos decataríades: non ando moi activo ultimamente no que atinxe á escrita. Tanto neste blog e no de Global Galicia como nos meus relatos e outros proxectos. Non, non estou a escribir en segredo e nun tempo vou sacar un “bombazo”. Oxalá fose iso, pero non.

Non estou escribindo. Case que ningunha liña.

E non pasa nada. En serio. Estou moi ben, moi ilusionado por moitas cousas.

Eu non lle chamaría “crise creativa” nin “bloqueo de escritor”. Se cadra foino antes, agora xa non. Sinxelamente, no último ano estiven enguedellado en cambios persoais moi grandes, todos positivos, e agora tamén estou moi metido en outros proxectos e mudanzas que non teñen nada que ver coa literatura. O tempo éme xusto, mais non é ese o problema, e si a concentración, a adicación e a enerxía. Así que saio da roda.

Antes diso si que houbera algo semellante a unha crise de escritor, recoñézoo. Replantexeime o meu rol como autor, bloqueeime cos meus textos e plans literarios, tan só tirei cousiñas que me deixaron insatisfeito, autoinflinxinme presión desde a publicación de “Podería falar de nubes“. Metinme nunha ruela sen saída bastante absurda.

E decidín dar un paso atrás. Ou a un carón, segundo se mire. Quiteime presión. E son máis feliz. Nin sequera é unha decisión, tan só constato un feito espontáneo. Xa non escribía antes, tan só deixei atrás o remordemento.

Deixei de escribir, definitivamente? Penso que non. Algún día volverei, estou seguro, lévoo dentro. Mais agora non é o momento. Prefiro concentrarme no que estou a vivir. Prefiro que se dea dun xeito natural, non impostado. E facer cousas que me realicen e que me esixan, non plaxiarme a min mesmo e ir por camiños que teño máis que gradados. Sería inxusto coa literatura, que tanto me agasallou. A escrita será excitante, divertida, perigosa, incerta… ou non será. Se o escritor non se divirte nin se emociona, o lector tampouco.

Tampouco é esta unha pueril choromicada para provocarvos un “Oooh, porfa, non nos deixes”, para alimentar o meu esfameado ego e volver ó carreiro de sempre, rosmando, “Vaaaale”. De verdade, non é iso, é algo que sempre aborrecín. A miña escrita é perfectamente prescindible para a literatura galega e para a Literatura (con maiúsculas), tan só quero ver se é prescindible para min. Pero queda unha pouca xente que gusta de ler o que eu escribo e que pensei que merecían unha explicación. Breve, porque hai cousas máis importantes das que preocuparse.

E con este blog, outro tanto. Contarei cousas que me motiven, se non, seguirei ó meu. Pido desculpas ós afectados. Aínda que non pase nada.

Advertisements

2 thoughts on “Un paso atrás (De por que deixar de escribir é bo para escribir)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s