Na tele

Nos informativos de V Televisión e da man de Santiago Garrido e Global Galicia (si, onde está o meu blog xemelgo emigrante Neva en Ningures) levan todos os luns a un senlleiro persoeiro galego que vive fóra das nosas fronteiras.
Vese que para a semana vindeira quedaron sen xente senlleira e aparecerei eu vía escaip, ese amigo dos emigrantes. Falaremos de migración, de literatura, morriña e letras e do que vaia xurdindo e do que me permitan os nervios. Vémonos aí.

O luns 31 ás 22h, máis ou menos, en V Televisión.
Televisión de outono - Autumn TV

Para os que o perderon: A partir do 5:40, unha viaxiña a quen son, que fago e onde vivo.

Ligazón ó vídeo