Artigo en Sermos Galiza

A xente de Sermos Galiza, medio xornalístico en galego en dixital e en papel, adicou o seu suplemento monográfico A fondo ó tema das comunidades galegas no exterior baixo a coordinación de Débora Campos. Entre outros artigos, haberá un dun arxentino que emigrou a Galiza e deu en escribir (magnificamente) na nosa lingua, Eduardo Estévez. Ademáis da propia Debora e Eduardo escriben Micaela Fernández, Gabriel Rei-Doval e entrevistan a Vítor Freixanes. E tamén escribe certo galego que marchou para Alemaña e conta como é escribir en galego no estranxeiro. Eu mesmo.

Atoparedes o xornal, incluído o suplemento, nos quioscos a partir do xoves 30 de Outubro. Se vos presta máis o dixital, podedes descargar o suplemento A Fondo por separado na loxa de Sermos Galiza.

“-O que fai especial a historia de Francisco Castiñeira é que el escolleu funcionar como escritor dentro do sistema literario galego vivindo en Alemaña. Esas maneiras da pertenza, da cidadanía, son sempre desafiantes porque os Estados non son tan flexíbeis e aínda pensan as nacionalidades e os dereitos en función de relacións que xa non existen. Por outra banda, a historia de Francisco Castiñeira funciona en diálogo coa do escritor Eduardo Estévez, que fixo un camiño oposto: de América Latina á Galiza, do castelán ao galego. Porque tamén él é un poeta galego, pero porque si, porque lles gusta, porque lles peta e queren e dálles a gana. 

Galiza é moito máis cun recanto da península Ibérica. Galiza é un pobo espallado no mundo. Un pobo que escribe, que fai música, que ten empresas e fai negocios. O día que o goberno galego se decate dese potencial, outro galo cantará para todos vós e todos nós”.

Captura de pantalla 2014-10-30 a las 16.27.32

Advertisements