O vindeiro venres 1 de Agosto asinarei exemplares de Podería falar de nubes na Feira do Libro da Coruña. Atoparédesme a partir das 20 h na caseta da Libraría Cartabón (nº19).
Máis que para esborranchar a primeira páxina do voso libro coa miña zoupona caligrafía, esta é unha boa oportunidade para coñecérmonos, para que autor e lectores interactúen, se coñezan e conversen. Así que… alí me atoparedes! Estarei encantado de saudarvos.